Sábado, Setembro 23

O Concello de Neda axuda á veciñanza na tramitación para solicitar praza no programa Benestar en Balnearios

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda, a través do departamento municipal de Servizos Sociais, axuda aos veciños e veciñas a tramitar as súas solicitudes para tomar parte no programa autonómico de Benestar en Balnearios. Este ano, convócanse 640 prazas en 15 establecementos da Comunidade, con estancias de 10 días en réxime de pensión completa durante os meses de novembro e de decembro. Están dirixidas a persoas maiores de 60 anos ou de 55 pensionistas, e cada solicitante pode acceder a dúas prazas (para un/ha acompañante).

O prazo para presentar solicitude está aberto, ata o 24 de outubro, e para recibir o asesoramento na tramitación é preciso solicitar cita previa no departamento municipal de Servizos Sociais no 981 39 00 38.

Share.

Comments are closed.