O Concello de Neda aumenta os orzamentos dos aglomerados de Ardá, Murallón e Cruz do Pouso-Fontevella ata os 208.000 euros

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Co obxectivo de iniciar as obras no primeiro trimestre de 2023, o Concello de Neda aprobaba esta semana en pleno a modificación dos proxectos de aglomerado dos camiños no Murallón, en Ardá e Cruz do Pouso-Fontevella para aumentar os orzamentos base de licitación. Nas tres intervencións investiranse algo máis de 208.000 euros. A partida para estas actuacións increméntase así en preto de 75.000 euros.

Nos últimos meses, o Concello sacaba a contratación as obras, pero o proceso quedaba deserto ata en dúas ocasións. Deste xeito, a Administración local busca, elevando o orzamento, facer máis atractiva a licitación e lograr que as empresas presenten a súa oferta. En todo caso, non se trata dun procedemento sinxelo, xa que para chegar a este punto foi preciso unha modificación dos proxectos por parte dos servizos técnicos e o seu visto bo por parte do pleno municipal. Ademais, ao contar con financiación dos plans provinciais, o Concello tamén debe tramitar as modificacións ante a Deputación, fase na que se atopa actualmente, antes de iniciar de novo os respectivos procesos de contratación.

Share.

Comments are closed.