Domingo, Maio 28

O Concello de Neda asesora “porta a porta” aos participantes no programa de compostaxe

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O programa de compostaxe caseiro do Concello de Neda entra nunha nova fase. Así, a semana pasada, arrancaba o seguemento “porta a porta” aos participantes na iniciativa, de modo que os usuarios e usuarias  desenvolvan correctamente esta técnica, teñan a oportunidade de resolver dúbidas e reciban o oportuno asesoramento por parte de técnicos especialistas na materia.

No programa de autocompostaxe, no que investiron 18.140,96 euros, o 70% aportado pola  Consellería de Medio Ambiente a través dunha subvención FEDER 2014-2020, están a participar uns 75 veciños e veciñas que recibiron os correspondentes medios materiais para a elaboración de compost de forma totalmente gratuíta.

O obxectivo do Concello de Neda co desenvolvemento desta iniciativa é o de lograr reducir ao  menos 5% os residuos orgánicos que van directamente ao colector verde (fracción resto), coa consecuente redución de toneladas anuais de CO2.

Share.

Comments are closed.