O Concello de Neda aproba uns investimentos superiores aos 547.000 euros con cargo ao POS+2022

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda deu luz verde ás intervencións que levará a cabo con cargo ao POS+2022. O grosso dos investimentos, 547.489,11 euros, destinaranse a obras de pavimentación de viais, así como actuacións de ampliación das redes de saneamento e abastecemento de augas e intervencións en inmobles municipais. Outros 130.000 euros dirixiranse a gasto corrente. A corporación aprobaba a proposta no pleno celebrado onte, tralo seu paso pola xunta de goberno local.

Ao detalle, o Concello aglomerará o Camiño do Murallón e o Camiño Cruz do Pouso-Fontevella, na parroquia de Anca, con cargo ao POS+2022. Dúas intervencións ás que destinará uns 87.500 euros no seu conxunto. Coa primeira, o Concello de Neda terá estendido o plan municipal de conservación de vías ao 100% da rede viaria do Puntal, xa que tan só resta pavimentar este camiño na zona. No segundo caso, a actuación tamén contemplará a ampliación de cunetas e o pintado que quedaran pendentes na área de influencia do camiño.

Así mesmo, o Concello de Neda tamén contempla outras actuacións con cargo ao POS+ Adicional 2022 por un montante cercano aos 460.000 euros. Son as seguintes: a pavimentación camiño de Ardá (na Cruz do Pouso); a apertura da rúa Camiño Vello-Bacela (en Casadelos); a renovación das redes de saneamento e abastecemento no Carreiro e A Mourela; completar a construción de beirarrúas, condución de pluviais e traída na Avenida de Alxeciras (en dous tramos pendentes), e a renovación da cuberta e das ventás do inmoble da Casa da Cultura.

Share.

Comments are closed.