O Concello de Neda aproba en pleno unha declaración de apoio ás reivindicacións dos traballadores e traballadoras de LIDL

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Por unanimidade, a corporación municipal de Neda aprobaba esta mañá en pleno unha declaración institucional de apoio aos traballadores e traballadoras da multinacional LIDL en Río do Pozo, en folga indefinida dende hai máis de 40 días nun paro secundado practicamente pola totalidade dos 150 integrantes da plantilla. Ademais de expresar o seu apoio ás reivindicacións dos e das traballadoras, no seu escrito, o Concello esixe á empresa que cumpra o pactado no convenio, no marco da lexislación laboral vixente, e deixe de xogar co pan dos seus empregados, así como que desista de inmediato das prácticas antisindicais e contra o lexítimo dereito á folga da plantilla.

O conflito está causado polos reiterados incumprimentos do convenio colectivo por parte de LIDL. Entre outras cuestións, a patronal impón horas extraordinarias por riba dos límite legais, razón pola cal a Xunta xa abriu un expediente sancionador contra a cadea de supermercados. Así mesmo, a firma leva a cabo prácticas que vulneran o dereito á folga, negándose a negociar tamén co comité de folga calquera solución ao conflito.

Share.

Comments are closed.