Mércores, Decembro 4

O Concello de Neda adxudica a Servicios Deportivos Galicia SL a xestión das escolas deportivas e culturais do municipio

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda vén de adxudicar a Servicios Deportivos Galicia SL (Sedega) a xestión das escolas deportivas e culturais do municipio. Resolve así un concurso público aberto á participación das empresas, resultando esta a que presentou a mellor oferta económica sen incorrer en baixa desproporcionada ou anormal. O importe do contrato ascende así a 49.382,52 euros anuais.

O contrato, de setembro a xullo, contempla o inicio das actividades a mediados de setembro, e como escenarios principais o Centro Cívico, Casa da Cultura e polideportiva do Puntal. Entre as actividades figura ximnasia de mantemento, saudable e terapéutica, pilates, ou talleres de memoria e lectura. En todo caso, unha vez se abra a inscrición informarase cumpridamente da programación.

 

Share.

Comments are closed.