O Concello de Neda activará unha nova campaña de compostaxe doméstica para sumar fogares

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Trala boa acollida rexistrada na primeira campaña de compostaxe doméstica levada a cabo o pasado ano en Neda, o Concello volverá a reeditar o proxecto para lograr sumar novos veciños e veciñas implicados. Así, avanza que o próximo mércores 2 de novembro, de 10:00 a 12:00 horas, levará a Albarón unha carpa informativa para dar a coñecer o programa e inscribirse no mesmo.

Inicialmente esta segunda fase da iniciativa está ideada para a participación de 20 vivendas pertencentes preferentemente á zona rural, que recibirán de forma totalmente gratuíta os materiais necesarios para a elaboración de compost. A partir do 2 de novembro, as persoas interesadas poderán inscribirse ben na propia carpa ben nas oficinas municipais, presencial ou de forma telefónica, ata fin de existencias.

O Concello de Neda leva a cabo este proxecto en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia -no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU-.

Share.

Comments are closed.