Martes, Decembro 3

O Concello de Neda activará en xullo Conciliamos Xogando 2022, con participación gratuíta

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda abre este xoves 2 de xuño o prazo de inscrición para participar nos campamentos de verán Conciliamos Xogando 2022. Un recurso para axudar ás familias a compatibilizar as obrigas laboráis e familiares durante as vacacións de verán. É completamente gratuíto, e desenvolverase durante o mes de xullo nas instalación do CEIP San Isidro, de luns a venres de 8:45 a 13:45 horas (coa excepción do 25 de xullo, festivo nacional). Está orientado a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, e todas as familias empadroadas no municipio poderán optar ao servizo -incluídos avós e avoas que se fagan cargo dos e das netas nese periodo. Iso si, deberán presentar unha declaración xurada, segundo modelo oficial, conforme os/as menores están ao seu coidado nese espazo de tempo-.

O Concello de Neda oferta 90 prazas, e se a demanda excede a oferta realizará unha valoración das solicitudes atendendo a unha serie de criterios e seguindo a orde de inscrición. Entre eles, familias en situación de emerxencia social, derivadas de Servizos Sociais; familias monoparentais traballadoras; nai e/ou pai traballadores, e persoas traballadoras de Neda que xustifiquen que nos concellos nos que están empadroadas non dispoñen de servizo de conciliación.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 15 de xuño e debe formalizarse no Rexistro Municipal. A partir de hoxe poderase retirar a documentación necesaria para a inscrición na Biblioteca Municipal.

Share.

Comments are closed.