Mércores, Decembro 4

O Concello de Neda acolle este xoves o seu I Torneo de Nadal de Fútbol Sala

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Neda acollerá este xoves 30 de decembro a primeira edición do seu Torneo de Nadal de Fútbol Sala. Unha cita deportiva organizada polo Concello coa colaboración da SDR Neda e O Parrulo FS. Celebrarase no pavillón municipal de San Isidro, a partir das 10 horas, e durante toda a xornada. Participarán no mesmo equipos das categorías base (chupete, infantil e alevín). Así, no cartel da competición figuran o Club de Campo FS, O Parrulo FS, Troula Betanzos FS, EDM Concello Guitiriz, e o equipo local, o Neda FS.

O torneo contará con entrada libre ata completar aforo, e os partidos arrancarán ás 10 horas en horario de mañá. Ás 14 h, prevese a entrega de medallas na categoría chupete. A competición retomarase ás 16 h, ata as 20 h, cando se estima se celebre a entrega de trofeos para o resto de categorías, e o acto de clausura.

Share.

Comments are closed.