O Concello de Neda abre o prazo de presentación de solicitudes para as axudas escolares para libros, material e transporte

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda convoca as axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar, así como as subvencións para custear os gastos de transporte para estudantes universitarios/as ou de Formación Profesional. Dirixidas a familias con escasos recursos económicos, a Administración local reserva unha partida de 5.000 euros para este capítulo. O Boletín Oficial da Provincia publicaba hoxe a convocatoria das dúas liñas de axudas, abrindo a partir de mañá martes, e por espazo de 20 días naturais, o prazo para solicitalas. Un trámite a realizar no Rexistro Xeral da casa consistorial en horario de 9 a 14 horas ou a través da sede electrónica.

No tocante ás axudas para material, cubrirán libros de texto e material de papelería, mochilas, estoxos… sempre e cando os posibles beneficiarios non reciban outras axudas por este mesmo concepto. Poderán solicitalas os/as alumnos/as matriculados/as en centros educativos sostidos con fondos públicos, dende Educación Infantil (reglada e non reglada), primaria, secundaria, bacharelato ou formación profesional.

No caso das axudas para o transporte van dirixidas a estudantes universitarios ou de FP.

A convocatoria das axudas para a adquisición de libros e material escolar pode consultarse no seguinte enlace: https://cutt.ly/IEsiuQg

A convocatoria de axudas para o transporte, neste: https://cutt.ly/cEsiae5

Share.

Comments are closed.