O Concello de Neda abre o prazo de presentación de solicitudes para as axudas escolares para libros, material e transporte

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda abrirá mañá mércores, e por espazo de 20 días naturais, o prazo de presentación de solicitudes para as axudas municipais para a adquisición de libros de texto e material escolar, así como para as subvencións para custear os gastos de transporte para estudantes universitarios/as ou de Formación Profesional. Dirixidas a familias con escasos recursos económicos, o Boletín Oficial da Provincia publicaba hoxe a convocatoria das dúas liñas de axudas, e o trámite debe realizarse no rexistro xeral da casa consistorial en horario de 9 a 14 horas.

No tocante ás axudas para material, cubrirán libros de texto e material de papelería, mochilas, estoxos… sempre e cando os/as posibles beneficiarios/as non reciban outras axudas por este mesmo concepto.

Poderán solicitalas os/as alumnos/as matriculados/as en centros educativos sostidos con fondos públicos, dende Educación Infantil (reglada e non reglada), primaria, secundaria, bacharelato ou formación profesional.

No caso das axudas para o transporte van dirixidas a estudantes universitarios ou de FP.

A convocatoria das axudas para a adquisición de libros e material escolar pode consultarse no seguinte enlace: https://cutt.ly/4ZBBpbR

A convocatoria de axudas para o transporte, neste: https://cutt.ly/3ZBBkTg

Documentación:DOCUMENTACION _AXUDAS_OK

Share.

Comments are closed.