O Concello de Neda abre nova páxina no Facebook

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda volve contar con presenza oficial no Facebook. Estrea nova páxina despois de que a plataforma decidira suspender temporalmente a antiga, inmediatamente despois da publicación dun post sobre a convocatoria do minuto de silencio en memoria das vítimas do 11M, na que se apuntaba a causa e autoría daqueles dramáticos sucesos. Para a nosa sorpresa, segundo a compañía vulneráronse as súas normas comunitarias. A pesar dos intentos para buscar unha solución, e a comprensión mostrada polos sucesivos axentes, a plataforma mantén polo de agora inactiva a páxina creada no 2015. Ante as informacións contraditorias sobre cando restaurarán a o “perfil” oficial procedeuse a crear un novo que, dende o Concello, animamos á veciñanza a seguir.

Share.

Comments are closed.