O Concello de Neda abre este luns inscricións na ruta guiada polo casco histórico

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda abrirá este luns 19 de setembro o prazo de inscrición na ruta guiada polo casco histórico, incluída no programa municipal “Descubrindo Neda”. O itinerario, guiado pola técnica de Turismo, desenvolverase o mércores 21, con saída ás 17 horas do Albergue de Peregrinos. Trátase dun percorrido de dificultade baixa e dúas horas de duración estimada.

As prazas son limitadas, e a inscrición na ruta, gratuíta, debe formalizarse no teléfono do Albergue 682 623 335 (de 10:30 a 16:00 h) ou correo maría.fornos@neda.gal, (luns 19 e martes 20 de setembro, ou ata completar prazas).

A ruta deste mércores percorrerá o paseo marítimo ata a igrexa de Santa María, construción barroca que custodia unha talla aínda máis antiga e rodeada de lenda, o Cristo da Cadea. As persoas participantes poderán descubrir como era o trazado medieval da vila, o punto no que se atopaba o primeiro dos muíños do río Belelle e tamén algún do patrimonio desaparecido. Outra parada destacada será a Torre do Reloxo, outrora hospital de peregrinos, que atendía tamén a enfermos. A última parada será a igrexa de San Nicolás, que conserva o sepulcro de Diego Esquío, membro dunha importante familia da nobreza local.

Share.

Comments are closed.