O Concello de Neda abre este luns inscricións na Merenda de Nadal para a Terceira Idade

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda organizará este ano unha Merenda de Nadal para a Terceira Idade. O centro cívico Ramón Millarengo será escenario da cita, programada para o 22 de decembro a partir das 18:00 horas. No programa, haberá baile con música en vivo, merenda a base de chocolate con churros e roscón de Reis, e o sorteo de agasallos entre o público asistente. Unha cita festiva para compartir ás portas dunhas datas moi especiais.

Será gratuíta para os veciños e veciñas da localidade, e terá un custe de 5 euros para os residentes fóra do municipio. Con prazas limitadas, a inscrición ábrese este luns 28 de novembro no departamento municipal de Servizos Sociais, e a concesión das mesmas farase por riguroso orde de inscrición -ata o 16 de decembro ou completar aforo-.

Share.

Comments are closed.