Xoves, Agosto 11

O Concello de Neda abre as portas da piscina municipal este venres 1 de xullo

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A piscina municipal de Neda reabrirá as súas portas mañá venres, 1 de xullo. A tempada de baño inaugúrase tras 2 anos marcados pola pandemia, o que motivaba o seu peche. Nos últimos meses, o Concello levaba a cabo diferentes traballos de mellora, como a renovación da cuberta das edificacións que acollen os vestiarios, duchas e aseos.

A partir de mañá, a piscina abrirá ata o 4 de setembro todos os días da semana, incluídos festivos, e o horario será o seguinte: de luns a venres de 15:30 a 20:30 h e sábados, domingos e festivos de 12:00 a 20:30 horas.

O custe da entrada é de 1,5 euros para nenos/as de ata 14 anos e de 3 euros de aí en adiante. Así mesmo, o Concello ofrece a posibilidade de expedir bonos de tempada co que o acceso sae máis económico. Para nenos/as de ata 14 anos, o custe é de 15 euros; para persoas a partir de 15 anos é de 21 euros, e o bono familiar -4 integrantes- é de 36 euros -por cada membro a maiores súmansen 3 euros-.

Share.

Comments are closed.