O Concello de Neda abre a inscrición nos obradoiros de teatro para nenos e adultos coa actriz Marián Rei

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda convida a nenos, mozos e adultos e participar nos obradoiros de teatro que celebrará na Casa da Cultura todos os martes a partir do mes de novembro. Estarán guiados pola actriz Marián Rei e desenvolveranse ata o mes de xuño.

Haberá 2 grupos: infantil (para nenos e nenas de entre 6 e 13 anos), con clases de 18,15 a 19,45 horas, e xuvenil e adulto (para persoas a partir de 14 anos) e horario de 20 a 21,30 h.

A inscrición debe formalizarse na Casa da Cultura (en horario de 9 a 13 e de 16 a 20 horas). O custe da actividade é de 11,61 euros/mes para menores de 14 anos; 14,86 euros/mes para participantes de entre 14 e 18 anos; 19,24 euros/mes para maiores de 18 anos, e de 13,46 euros/mes para pensionistas.

Formada na Escola de Teatro de Narón, Marián Rei conta cunha ampla experiencia como docente e monitora. Fundadora de Teatro Calavera, participou no elenco de diversas producións de compañías como Teatro do Andamio, Teatro do Morcego ou Bucanero Teatro, ademáis de participar en proxectos audiovisuais como webseries, curtas ou spots.

Share.

Comments are closed.