O Concello de Neda abre a inscrición nos obradoiros de elaboración de pan para nenos

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda avanzou esta mañá a apertura do prazo de inscrición nos obradoiros de elaboración de pan que celebrará este domingo 5 de setembro no paseo marítimo de Xuvia. Incluídos na programación deseñada para conmemorar a Festa do Pan, están dirixidos a nenos e nenas a partir de 5 anos. Terán lugar en horario de mañá, de 11 a 14 h, e estableceranse 4 quendas a elixir no momento da inscrición. Esta debe formalizarse a partir de mañá mércores 1 de setembro (ata o venres día 3 ou completar prazas) chamando ao teléfono 981 39 02 33 (en horario de 9 a 14 horas).

A actividade é gratuíta, e o Concello de Neda lembra que o pai, nai ou titor legal deberá acompañar ao menor durante o seu desenvolvemento.

Con estes obradoiros búscase potenciar o apego polo produto gastronómico estrela do municipio xa dende a infancia, dando a coñecer o seu proceso de elaboración, materias primas e beneficios.

Share.

Comments are closed.