O Concello de Neda abre a inscrición en novos percorridos guiados pola “Ruta dos muíños do Belelle”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda abre hoxe o prazo de inscrición en novos percorridos guiados pola “Ruta dos muíños do Belelle”. Celebraranse este xoves e venres a partir das 18 h, con prazas limitadas. Así, as persoas interesadas en tomar parte deben anotarse chamando ao 981 39 02 33 en horario de 10 a 14 h.

Como nas saídas celebradas a semana pasada, será a técnica municipal de turismo a encargada de guiar as rutas, incluídas na programación para conmemorar a Festa do Pan de Neda. A través das mesmas, proponse un itinerario a carón do curso fluvial do Belelle ata chegar á Fervenza para coñecer un pouco máis dos enxeños hidráulicos que están na orixe da tradición panadeira da vila.

Share.

Comments are closed.