O Concello convoca un proceso selectivo urxente para nomear a un traballador social interino

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda convoca un proceso selectivo, mediante o sistema de concurso, para nomear, de forma urxente, a un funcionario ou funcionaria interinos para a praza de traballador social a tempo parcial. As persoas interesadas terán ata o 6 de abril para solicitar a participación  e presentar a documentación.

A decisión adóptase ao quedar vacante a praza, tras a renuncia voluntaria da profesional que a ocupaba, e quedar esgotada a bolsa de traballo creada hai catro anos, ao contar actualmente con emprego todas as persoas que figuraban nela. A duración da interinidade será ata novembro deste ano.

Poden optar a este posto a media xornada persoas de nacionalidade española ou doutros estados da UE, que non chegaran a idade máxima de xubilación, e dispoñan do título de Grao universitario en Traballo Social, diplomado en traballo social ou titulación universitaria de grao equivalente. Deberán ter capacidade funcional para o desempeño das tarefas e non poderán estar incursas en causas de incompatibilidade nin ter sido separadas do servizo na administración pública mediante expediente disciplinario.

Dado que se trata do concurso, o tribunal valorará a experiencia profesional das persoas candidatas en postos similares tanto na administración como na empresa privada e tamén a formación específica que poidan acreditar en relación ao traballo a desempeñar.

Quen queira aspirar a ocupar o posto terá de prazo ata o luns 6 de abril para presentar a súa instancia, co modelo oficial dispoñible, e coa documentación complementaria no rexistro do Concello.

Descarga aquí o modelo oficial e as bases da convocatoria:

Anuncio aprobación das bases e convocatoria

Certificado da aprobación das bases do concurso

Publicación das bases e da convocatoria no BOP

Anuncio apertura prazo de presentación de solicitudes

Modelo normalizado de instancia (Anexo I)

Declaración responsable (Anexo II)

Share.

Comments are closed.