Luns, Novembro 29

O Concello convoca as axudas para a promoción de actividades culturais e deportivas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda vén de convocar as axudas municipais para a promoción de actividades culturais e deportivas dirixidas a entidades, asociacións e persoas físicas. Unha liña de subvencións en concorrencia competitiva. O Boletín Oficial da Provincia publicaba onte as bases, co que se abre o prazo de presentación de solicitudes -durante 20 días naturais a contar a partir de hoxe xoves, 11 de novembro-. Para optar ás mesmas, é preciso presentar a correspondente instancia, acompañada dunha serie de documentación, no rexistro xeral municipal ou a través da sede electrónica.

As axudas están dirixidas a asociacións, persoas físicas, xurídicas, públicas ou privadas, agrupacións veciñais ou comités organizadores, entre outros, e o periodo que se terá en conta para a realización das actividades será dende o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro deste 2021. Así mesmo, as accións susceptibles de subvención deben encadrarse preferentemente no termo municipal, ou no caso de efectuarse fóra deste, deberá tratarse de actividades que suplan ou complementen ás atribuídas ao Concello.

Unha vez concedidas, o prazo de xusficación das subvencións será de 2 meses e, en todo caso, antes do 31 de marzo do 2022 (salvo petición e concesión de prórroga).

Share.

Comments are closed.