O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publica na súa edición deste luns, 19 de outubro, as bases aprobada en Xunta de Goberno para a cobertura, mediante comisión de servizos, dun posto de traballo administrativa/o de modernización e xestión da información que figura na relación de postos de traballo, así como a convocatoria desta provisión.
Poderá optar a esta praza persoal funcionario de carreira dalgún concello galego pertencente ao grupo e subgrupo C1, que estean en activo e non teñan ningunha sanción disciplinaria que impida o desempeño do posto, e conten con informe previo favorable do Concello de procedencia autorizando o desempeño da comisión de servizos, que tería unha duración dun ano, prorrogable por outro máis.
Entre as función do posto, adscrito ao departamento de Secretaría e Administración Xeral, figura a colaboración na xestión e tramitación de expedientes, redacción de acordos ou resolucións, tarefas de estatística, padrón e administración electrónica, tramitación de subvencións…
O prazo de presentación de solicitudes de participación será de dez (10) días hábiles contados a partir do martes 20 de outubro.
Bases provisión posto administrativo de modernización e xestión da información