O Concello convida á veciñanza á proxección do documental “A memoria do salón da Ribeira”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda convida á veciñanza á proxección do documental “A memoria do salón da Ribeira”, que terá lugar o próximo xoves 7 de outubro ás 19 horas no salón de actos da Casa da Cultura. Unha peza audiovisual producida polo Jazz de Ría, que rescata e pon en valor a historia deste espazo a través dos recordos de veciñas da zona. As persoas interesadas en asistir poden reservar a súa butaca a partir do luns 4 de outubro, ata o mesmo xoves ou completar aforo, chamando ao 981 39 02 33 (en horario de 9 a 13 e de 16 a 20 h).

O destino quixo que a directora do certame, Aitana Cuétara, coincidise con Carmen o día da presentación do Jazz de Ría na Ribeira de San Nicolás. Alí, a nosa veciña contoulle dende a xanela da casa azul que, xusto nese espazo proxectado para acoller o festival, houbera noutros tempos un salón de baile. O Salón da Ribeira, activo a finais do século XIX e principios do XX, era propiedade de Elisa Rey Prieto-Inclán e José Yáñez. A súa filla, a Señora Esperanza, faleceu sen descendencia, deixando a lembranza das súas vivencias a algunhas veciñas.

Así, grazas a Rosa, Beatriz, Pachú e Carmen, que lle abriron ao Jazz de Ría as súas casas e compartiron con Aitana os seus recordos, a memoria do Salón da Ribeira quedará agora gardada para sempre.

Share.

Comments are closed.