O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publica na súa edición deste luns, 5 de outubro, as bases aprobada en Xunta de Goberno para a cobertura, mediante comisión de servizos, dun posto de traballo administrativa/o de servizos económicos que figura na relación de postos de traballo, así como a convocatoria desta provisión.
Poderá optar a esta praza persoal funcionario de carreira dalgún concello galego pertencente ao grupo e subgrupo C1, que estean en activo e non teñan ningunha sanción disciplinaria que impida o desempeño do posto, e conten con informe previo favorable do Concello de procedencia autorizando o desempeño da comisión de servizos, que tería unha duración dun ano, prorrogable por outro máis.
Entre as funcións, atención telefónica e directa ao público, realización de trámites burocráticos e administrativos, realización de informes, contabilidade, substitucións legais da interventora, elaboración de nóminas…
O prazo de presentación de solicitudes de participación será de dez (10) días hábiles contados a partir do martes 6 de outubro.
Consulta as bases da convocatoria