O Concello asume o mantemento do parque micolóxico do río Belelle a cambio da cesión do seu uso por parte da Asociación Viriato

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda asinaba recentemente un convenio de colaboración coa Asociación Micolóxica Viriato para o mantemento e limpeza do Parque Micolóxico do río Belelle. Un espazo que xestiona a entidade sito no Camiño da Fervenza, e de alto valor ecolóxico.

A través do citado acordo, a asociación cede ao Concello o uso do parque para desenvolver actividades vencelladas á educación ambiental, cultural, educativa ou turística de conservación e observación da natureza. Como contrapartida, a Administración local asumirá os labores de limpeza dos terreos, cunha superficie aproximada de 7.800 metros cadrados, divididos en dúas parcelas: unha colindante ó muíño da Barcia duns 2.000 metros cadrados, e outra situada pola parte alta do vial de acceso. As tarefas executaranse 2 veces ao ano, en primavera e outono, realizándose en todo caso unha primeira intervención para acondicionar o espazo e rozas semestrais posteriores, cun investimento anual cercano aos 1.500 euros. Estes traballos darán comezo de inmediato.

A vixencia do convenio será anual, con posibilidade de prórroga por espazo de 5 anos.

Share.

Comments are closed.