Sábado, Decembro 3

O Concello asina a cesión por 5 anos de 17 locais municipais ás asociacións de Neda

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Tal e como se tiña avanzado na xuntanza celebrada a finais de agosto co tecido asociativo, o Concello de Neda completaba esta semana a sinatura dos novos convenios de colaboración coas entidades e asociacións do municipio polos que se establece a cesión dos 17 locais municipais por espazo de 5 anos, reforzando a estabilidade do labor que desenvolven.

Amplíase deste xeito de tres a cinco os anos de vixencia do acordo para ceder ás asociacións os locais de titularidade municipal nos que desenvolver as súas reunións, encontros e actividades. Así mesmo, o Concello asume os gastos de conservación das instalacións e tamén os de consumo eléctrico. Unha axuda fundamental na actualidade.

Os acordos tamén establecen que será responsabilidade das asociacións as tarefas de limpeza. No caso das entidades de carácter cultural, asumen o compromiso de desenvolver dúas actuacións ó ano para o concello ou para outras entidades da localidade.

Share.

Comments are closed.