Martes, Decembro 3

O Concello aproba unha modificación de crédito para habilitar unha partida superior aos 316.000 euros para executar obras de mellora de camiños

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda habilitará unha partida de 316.526,94 euros para, con fondos propios, acometer unha serie de obras de mellora de camiños en pistas municipais. Esta semana, a corporación aprobaba en pleno, co apoio do grupo de goberno e PP e a abstención do BNG e Moveneda, a modificación de crédito para dotar de fondos estas actuacións. Agora, o expediente someterase a información pública e, no caso de non recibir alegacións, quedará definitivamente aprobado. A partir de aí, o Concello estará en disposición de sacar a contratación as intervencións, 14 en total.

Os proxectos están redactados, e en 8 das 14 zonas de actuación, solicitados os informes sectoriais pertinentes ás diferentes administracións e organismos, tal que Demarcación de Costas, Adif ou Augas de Galicia, entre outros.

Así, polo miúdo, as obras de acondicionamento levaranse a cabo en:

-Porta da Pena (Viladonelle)

-Regueiro

-Os Foxos

-Toeleira

-Os Tortos

-Coto-Principiño

-Vilar-Sandes

-Vila de Anca

-Carballal

-As Barreiras

-Riocobo

-Médico Cebreiro

-Camiño Ribeira de Santa María

-Vial de acceso ao polideportivo de Anca

Share.

Comments are closed.