Martes, Decembro 3

O Concello anima á participación na Andaina Solidaria contra a Violencia de Xénero que se celebrará este sábado entre os municipios de Narón e Neda

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello anima a veciños e veciñas a participar este sábado 13 de novembro na Andaina Solidaria contra a Violencia de Xénero que se celebrará entre os municipios de Narón e Neda. A iniciativa está organizada pola Consellería de Medio Rural e a Secretaría de Igualdade dos Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia, e as inscricións deben formalizarse a través do correo ou teléfono da Asociación Seitura 22: info@seitura22.gal e 981 33 33 98.

As andainas solidarias sucederanse ao longo da Comunidade, naqueles municipios polos que discorre algunha das rutas xacobeas. No noso caso, partirá este sábado ás 11,15 h do Mosteiro do Couto en Narón para alcanzar a zona dos Subarreiros en Neda. Neste punto, e coa participación do conselleiro de Medio Rural, José González, procederase á lectura dun manifesto, entregaranse agasallos, ofreceranse pinchos e haberá animación musical.

Share.

Comments are closed.