Mércores, Decembro 4

O Concello adxudica as obras de mellora nas gradas e peche do campo de fútbol de San Isidro

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

De aquí a final de ano, o campo de fútbol de San Isidro someterase a unha intervención de mellora que afectará á zona de gradas e ao peche. O Concello de Neda daba luz verde á adxudicación do contrato á empresa Groma Obras SL, por importe de 56.894,20 euros. Un investimento que a Administración local financiará con cargo ao POS+ 2021.

Máis en concreto, e en relación á zona de gradas, eliminarase o material de cobertura, moi deteriorado, ampliarase a cuberta e instalarase panel sándwich, máis resistente e con mellor protección fronte á choiva. A actuación sobre o peche perimetral contempla a substitución dunha parte por unha nova malla de cordón de nylon, así como a renovación dos postes danados, e a construción dunha cuneta formigonada en v para a recollida de pluviais, conducíndoas ata o exterior do recinto do campo.

Share.

Comments are closed.