O Concello de Neda vén de adxudicar as obras de mellora do Camiño Rabadeña-Fábrica do Monte. A firma Lancer Proyectos y Obras será a encargada de realizar os traballos de pavimentación, cun investimento de 43.328,76 euros e un prazo de execución de 2 meses. A intervención financiarase, en todo caso, con cargo ao POS+2021.
Deste xeito, o Concello busca mellorar o estado do vial, moi deteriorado polo paso do tempo e o intenso tráfico que soporta, así como polos efectos do tránsito continuo de vehículos adicados ao transporte de madeira.