O Concello activará en xullo Conciliamos Xogando, con participación gratuíta

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O prazo de inscrición ábrese do 21 ao 28 de xuño

Neda, 18 de xuño de 2021. O Concello de Neda abrirá o vindeiro luns 21 de xuño o prazo de inscrición no programa municipal Conciliamos Xogando. Un proxecto para favorecer a conciliación da vida laboral e o coidado dos fillos e fillas durante as vacacións escolares, ofrecendo unha morea de actividades de ocio didáctico. Celebrarase nas instalacións do CEIP San Isidro no mes de xullo, en 2 quendas e en horario de 8,45 a 13,45 h: do 1 ao 15 e do 16 ao 31. En cada unha, admitirase un máximo de 40 nenos e nenas, podéndose inscribir tan só en unha e concedéndose por orde de entrada. O obxectivo é facilitar a maior participación posible, aínda coas restricións derivadas da covid-19.

Está dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos, e os campamentos son completamente gratuítos. As familias interesadas en tomar parte deben presentar a súa solicitude no rexistro xeral municipal (o prazo conclúe o 28 de xuño). Así mesmo, poden retirar os impresos dende hoxe mesmo na Biblioteca Municipal.

Todas as familias de Neda poderán optar ao servizo, incluídos avós e avoas que se fagan cargo dos menores. Estes últimos deberán presentar unha declaración xurada, segundo modelo oficial, conforme os seus netos e netas están ao seu coidado nese tempo.

 

Share.

Comments are closed.