O Concello acondiciona a contorna da Casa das Palmeiras e mellora a accesibilidade ó inmoble

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda vén de concluír os últimos traballos na intervención de mellora do espazo e eliminación de barreiras arquitectónicas na contorna da Casa das Palmeiras. Unha actuación que levaron a cabo nas últimas semanas operarios municipais e que estivo moi condicionada pola climatoloxía. Ao detalle, procedeuse á reposición e substitución de lousas, na zona traseira do inmoble, así como á nivelación da superficie. O significativo crecemento das raíces dos camelios máis próximos estaban a provocar importantes desperfectos no empedrado, facendo necesaria esta actuación.

Á par, o Concello levou a cabo unha actuación de mellora da accesibilidade á Casa das Palmeiras coa construción dunha rampa na entrada traseira, substituíndo así a de madeira, moi deteriorada. Completou a infraestructura coa colocación dunha varanda.

Share.

Comments are closed.