Mércores, Decembro 4

O Concello abre un prazo extra para presentar candidaturas á XXII Gala do deporte de Neda

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Atendendo as peticións formuladas por particulares e por algún club, o Concello abre ata fin de mes un “prazo extra” para a presentación de candidaturas da XXII Gala do deporte de Neda. E faino ampliando as vías para formalizar as propostas. As persoas interesadas, ademais de a través da sede electrónica municipal, terán a posibilidade de rexistrar presencialmente na Casa Consistorial as súas instancias.

Co ánimo de facilitar ao máximo a participación, o goberno local ofrece un tempo adicional para que clubs, colexios, asociacións, entidades e persoas vencelladas ao mundo do deporte propoñan ao Concello nomes de deportistas locais de calquera disciplina que, “polos resultados destacados obtidos durante a tempada 2022-2023”, merezan un recoñecemento público.

Na gran festa do deporte nedense distinguirase, ao mellor ou á mellor deportista da localidade e tamén ás mellores promesas masculinas e femininas (menores de idade con opcións a converterse en grandes deportistas). Finalmente, segundo consta nas bases da convocatoria, poderá haber mencións especiais para “equipos, adestradores, directivos, entidades públicas ou privadas, e agrupacións” que sobresaian polo seu labor de promoción, ou apoio ao desenvolvemento do deporte.

No rexistro municipal facilitarase o modelo oficial de candidatura, que tamén se poderá descarga aquí. Poden optar ás distincións deportistas federados/as que residan en Neda ou con algún tipo de vínculo co municipio. As propostas deberán oficializarse antes do mércores 1 de xuño.

BASES GALA DEPORTE 2024 E MODELO OFICIAL PRESENTACIÓN CANDIDATURA

Share.

Comments are closed.