O Concello abre prazo de presentación de candidaturas para cubrir a vacante de xuíz/a de paz

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda vén de convocar o proceso para cubrir a vacante de xuíz/a de paz. As persoas interesadas en optar ao posto poderán presentar a súa candidatura no rexistro xeral a partir de mañá martes, e por espazo de 15 días hábiles.

O Boletín Oficial da Provincia publicaba hoxe a convocatoria, na que se recollen os requisitos -ser español, maior de idade e non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade establecidas-; prazo de presentación de solicitudes e documentación -certificación de nacemento ou fotocopia autenticada do DNI; certificación do rexistro central de penados e rebeldes e declaración complementaria de non estar inculpado ou procesado; certificado médico de non padecer doenza que incapacite para o exercicio do cargo de xuíz de paz; declaración xurada de non estar incurso en causas de incapacidade para exercer o cargo, e xustificación dos méritos que se alegue, no seu caso-.

Share.

Comments are closed.