O Concello abre o prazo para que a veciñanza comunique as lumieiras de San Xoán e San Pedro

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A veciñanza pode descargar o formulario da web municipal e presentalo en liña ou no rexistro municipal, así como facer a comunicación telefónicamente ata o día 22

Neda, 17 de xuño de 2021. O Concello de Neda vén de abrir o prazo para a comunicación das lumieiras de San Xoán e San Pedro. Citas que, en todo caso, quedan prohibidas en zonas de dominio público e que se rexirán polos protocolos de prevención fronte á covid-19 establecidos polas autoridades sanitarias.

O formulario pode descargarse da web municipal Formulario ou retirarse nas oficinas municipais, e poderá presentarse ata as 14 horas do 22 de xuño a través do rexistro telemático municipal; o email policia.local@neda.gal; presencialmente nas oficinas da casa consistorial -previa cita no 981 38 00 39 ou a través da web-, ou chamando ao 981 38 00 39 e indicando nome, apelidos e DNI, domicilio e localización da fogueira.

Así mesmo, e co obxecto de garantir a seguridade das persoas e bens, as fogueiras cumprirán os seguintes requisitos:

-O volume do material da fogueira non superará os 4 metros de diámetro nin os 3 metros de altura.

-A separación entre as fogueiras e os edificios, árbores e demais obxectos que poidan resultar danados, será como mínimo de 10 metros.

-Prohíbese a queima de pneumáticos, gomas, plásticos, aceites, etc., e en xeral calquera outra substancia que desprenda fumes tóxicos; así como botar ao lume materiais inflamables ou explosivos ou recipientes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión (sprays) aínda que estean baleiros.

-Prohíbense as fogueiras baixo tendidos eléctricos ou telefónicos, así como nas zonas que nos arredores almacenen produtos inflamables.

-Ao remate da fogueira e, antes de abandonar o lugar desta, os/as responsables da organización coidarán que as cinzas queden totalmente apagadas.

-En tódolos casos os/as organizadores serán responsables dos danos que puideran ocasionar a terceros.

CONSULTA BANDO

DESCARGA: FORMULARIO

Share.

Comments are closed.