Martes, Decembro 3

O Concello abre o prazo para que a veciñanza comunique as fogueiras de San Xoán e San Pedro

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda abre hoxe o prazo para a comunicación das fogueiras de San Xoán e San Pedro. O formulario pode descargarse da web municipal ou retirarse nas oficinas municipais, e poderá presentarse a través da sede electrónica ou o rexistro municipal.

Así mesmo, o alcalde vén de emitir un bando municipal no que se establecen os requisitos que deben cumplir as fogueiras para garantir a seguridade das persoas e bens. Entre outros:

-O volume do material da fogueira non superará os 4 metros de diámetro nin os 3 de altura.

-A separación entre as fogueiras e os edificios, árbores e demais obxectos que poidan resultar danados, será como mínimo de 15 metros.

-Prohíbese a queima de pneumáticos, gomas, plásticos, aceites, etc., e en xeral calquera outra substancia que desprenda fumes tóxicos, así como botar ao lume materiais inflamables ou explosivos ou recipientes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión (sprays) aínda que estean baleiros.

-Prohíbense as fogueiras baixo os tendidos eléctricos ou telefónicos, así como nas zonas que nos arredores almacenen produtos inflamables.

-Se a fogueira se sitúa sobre terreos de uso público pavimentados, protexerase o pavimento cunha capa de area de 10cm, en toda a superficie da fogueira.

-Ao remate da fogueira e, antes de abandonar o lugar desta, os/as responsables da organización coidarán que as cinzas queden totalmente apagadas. Igualmente garantirán que ao día seguinte da celebración todo quede nas debidas condicións de limpeza e orde.

-En tódolos casos os/as organizadores serán responsables dos danos que puideran ocasionar a terceiros.

IMPRESO COMUNICACIÓN

BANDO MUNICIPAL

Share.

Comments are closed.