O Concello abre inscricións para sumarse a unha nova campaña de compostaxe doméstica

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda abría hoxe o prazo de inscrición nunha nova campaña de compostaxe doméstica. Instalaba esta mañá un punto informativo ás portas do centro de saúde, en Albarón, onde se facilitaba cumprida información sobre o proxecto e se brindaba á veciñanza a posibilidade de sumarse, rexistrándose un total de 12 adhesións. Así mesmo, o prazo continuará aberto na casa consistorial, presencialmente nas oficinas xerais ou telefonicamente no 981 38 00 39.

Ademais, aínda que inicialmente se preveía estender o programa a uns 20 fogares -que se sumarían aos 75 inscritos na primeira campaña-, o alcalde, Ángel Alvariño avanzou que se ampliarán as prazas ata as 70.

A través deste programa, o Concello facilita gratuitamente á veciñanza os medios necesarios para elaborar o compost, ofrece a formación necesaria e tamén un asesoramento porta a porta durante o proceso.

O Concello conta neste proxecto coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia -no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU-.

Share.

Comments are closed.