Xoves, Agosto 11

O Concello abre inscricións nun novo programa de actividades deportivas e acuáticas para a mocidade

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda abre inscricións nun novo programa de actividades deportivas e acuáticas para mozos/as de 10 a 13 anos. Terá como escenario principal a piscina municipal e, en caso de choiva, trasladaríase ao Centro Cívico Ramón Millarengo. Cada sesión estructurarase en 2 partes: unha de xogos e práctica deportiva e outra de actividades na piscina. As sesión, coas que o Concello busca promocionar a práctica deportiva entre os máis novos e novas da casa, arrancarán o 12 de xullo e celebraranse os martes e xoves ata finais de mes, en horario de 11:00 a 13:00 h.

Entre as actividades propostas, deportes colectivos como fútbol, baloncesto, balonmán, voleibol; deportes alternativos como disco voador, indiaka, lacrosse; xogos tradicionais como chave, birlos, corda, goma, chapas, pano, saco; actividades de expresión corporal como mimo, xogos con música, exercicios de equilibrio…

As persoas interesadas en participar poden anotarse dende xa no Centro Cívico de Neda ou chamando ao 981 49 44 31 en horario de 9:15 a 12:15. As prazas son limitadas, e a participación é gratuíta.

 

Share.

Comments are closed.