Xoves, Agosto 11

O Concello abre inscricións nos cursos de natación de iniciación e perfeccionamento

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda organizará cursos de natación na piscina municipal durante a segunda quincena de xullo e todo o mes de agosto. As sesións celebraranse os martes e xoves, de 11:00 a 12:00 h no caso das clases de iniciación e de 10:00 a 11:00 horas nas de perfeccionamento. Con prazas limitadas, os veciños e veciñas de Neda interesados/as en tomar parte poden inscribirse na propia piscina municipal ou no teléfono 675 835 635.

O custe da actividade é de 10 euros a segunda quincena de xullo e de 17 euros o mes de agosto.

Estas accións súmanse ao programa de actividades deportivas e acuáticas para mozos e mozas, que se desenvolven na piscina tamén en horario de mañá, namentras que as tardes as instalacións resérvanse para o baño libre.

Share.

Comments are closed.