O Concello abre inscricións no obradoiro de escritura de títulos co artista Rosendo Cid

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda abre prazo de inscrición nun novo obradoiro creativo no marco da programación complementaria á exposición “Arte Ambulante” de A Colectiva. Neste caso, de escritura de títulos co artista Rosendo Cid. Celebrarase este sábado na Casa das Palmeiras baixo o título “Titular as imaxes. A arte nas palabras, as palabras na arte”. De tres horas de duración, arrancará ás 11:00 horas, e está dirixido a persoas de 15 anos en adiante. É gratuíto, pero ao tratarse de plazas limitadas, é preciso anotarse na casa da cultura ou chamando ao teléfono 981 39 02 33 ata o venres (ou completar aforo) en horario de 9 a 13 h e de 16 a 20 h.

Este é un obradoiro que tratará de mostrar e suxerir usos e relacións entre palabras e imaxes, de observar a maneira de titular unha obra de arte e por tanto, de definila. Para elo, na primeira parte da actividade farase un somero repaso dalgunhas obras paradigmáticas da historia da arte en canto á relación título-imaxe así como un repaso e explicación dos “métodos” do artista que imparte o obradoiro, ou das súas maneiras de afrontar o traballo en canto a esas obras onde a palabra ou o título son parte fundamental da peza e a que amosa e suxiere a vía de interpretación. Na segunda parte proporanse ás persoas participantes exercicios ao respecto de nomear e titular, así como de establecer posibles métodos ou formas de afrontar os títulos e desa relación de ida e volta entre palabra e imaxe, sexa partindo de palabras ou imaxes para entender ambas vías de traballo.

Share.

Comments are closed.