O Concello abre inscricións na IV Andaina Saudable Paso a Paso por Neda

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello abre inscricións na andaina saudable do mes de abril. Será a cuarta do programa Paso a Paso por Neda, que arrancaba este ano, e celebrarase o domingo 16 de abril, con punto de partida na Cobeluda, ás 10 horas. De carácter circular e uns 7 quilómetros con dificultade baixa, o itinerario discurrirá por Bouzarrendonda, Os Cobos, Fontevella, Vila de Anca, O Vilar, Os Remedios, Riocobo e Liñares, para regresar de novo á Cobeluda. A participación é gratuíta, e as prazas limitadas.

Nenos e nenas a partir de 8 anos e adultos poden anotarse chamando ao teléfono da Biblioteca 981 39 02 33 en horario de 9 a 13 e de 16 a 20 horas de luns a venres -agás festivos-. O prazo estará aberto ata o xoves 14 de abril -ou completar prazas-.

O programa é posible grazas á colaboración da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil e da Sociedade Cultural e Deportiva do Roxal.

Share.

Comments are closed.