O Concello abre inscricións na III Andaina Saudable Paso a Paso por Neda

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello abre inscricións nunha nova Andaina Saudable Paso a Paso por Neda. Celebrarase o domingo 12 de marzo, con saída ás 10:00 horas da pista polideportiva do Roxal. Circular, e de algo máis de 6 kilómetros, percorrerá O Roxal, Anca, Cruz do Pouso e Gandarela, nun itinerario de dificultade baixa. As prazas son limitadas, e para apuntarse é preciso chamar de luns a venres de 9 a 13 e de 16 a 20 ao teléfono da Biblioteca, 981 39 02 33. Ata o mércores 8 de marzo ou completar aforo. A participación na ruta, incluída no programa #NedActívate, é gratuíta.

O Concello confía en reeditar o éxito de participación das andainas de xaneiro e febreiro, que congregaron ao redor do centenar de veciños e veciñas. Así mesmo, agradece de novo a colaboración que brindan a Sociedade Cultural e Deportiva do Roxal, encargada de guiar as rutas, e a Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil de Neda, que velan pola seguridade dos/as participantes.

Share.

Comments are closed.