Sábado, Setembro 23

O Concello abre inscricións este luns na ruta guiada ó monte de Ancos, a última da tempada do programa “Descubrindo Neda”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello abre este luns inscricións para a última das rutas do programa municipal “Descubrindo Neda” desta edición: un itinerario ó Monte de Ancos que, de dificultade media-baixa, terá lugar o mércores 28 de setembro ás 17:00 horas. Guiada pola técnica de turismo Victoria Fornos, a participación é de balde, con reserva de praza chamando ó teléfono do Albergue 682 623 335 (de 10:30 h a 16:00 horas) ou enviando un correo a maría.fornos@neda.gal.

Este último percorrido, con saída do Albergue, centrarase no patrimonio histórico de Xuvia e Casadelos. En primeiro lugar percorrerá a ribeira de Xuvia ata a ponte de pedra, importante vía de comunicación que foi nun tempo dos Andrade. Xunto a ela, veremos a que foi unha das Casas Reais da monarquía do século XVIII, primeiro como fábrica de cobre e logo como fábrica de moeda, para seguir hoxe en día en funcionamento como fábrica textil. Outra parada a realizar será a capela de San Antonio de Casadelos, exemplo de arquitectura barroca rural, para seguir o ascenso cara o miradoiro do monte de Ancos, cunha das mellores vistas panorámicas da ría e lugar de lendas que nos levarán a un pasado máxico.

Recoméndase levar calzado cómodo e bastón.

Share.

Comments are closed.