O Concello abre as inscricións para participar na Andaina Saudable por Neda do domingo 17 de marzo

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

. O Concello de Neda retoma este mes de marzo o seu ciclo Andainas saudables. E faino no marco da programación especial do Mes da muller, cunha proposta gratuíta aberta a todos os públicos, co lema “Avanzando en igualdade”. Trátase dunha ruta circular de 10 quilómetros, con saída e chegada na contorna do albergue de peregrinos. Este martes ábrese o prazo para anotarse.

A iniciativa terá lugar o domingo 17 de marzo, a partir das 10 horas, cun percorrido sinxelo para persoas que estean acostumadas a camiñar, que discorrerá polas parroquias de Santa María e San Nicolás. O itinerario permitirá, entre outras cousas, achegarse a Albarón e ao río Belelle, así como gozar das mellores panorámicas da ría e da tranquilidade do paseo marítimo.

Dende Xubia os participantes sairán cara a Albarón, tras pasar por Toeleira, O Carreiro e Os Castros; despois seguirán cara a Pename e Pontegrande, continuando camiño cara  Combarro e Nogueirido ata alcanzar o campo da festa dos Pazos. O itinerario seguirá por Fabrica do Monte ata A Silva (na zona do Puntal), regresando por Fábrica de Labora ao núcleo urbano. Xa zona dos Subarreiros tomarase o paseo marítimo ata chegar a Xubia. En total percorreranse 10,04 quilómetros, cun desnivel de 174 metros.

A proposta está aberta a persoas mozos/as de 14 anos en diante e adultos. Dende mañá será posible inscribirse, chamando ao teléfono da biblioteca (981390233), en horario de 9 a 13 e de 16 a 20 horas de luns a xoves e os venres de 9 a 14.30 horas. As prazas son limitadas.

A andaina saudable por Neda contará coa colaboración da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.

Share.

Comments are closed.