O Concello abre a campaña en redes #QuedaEnNeda a profesionais autónomos e negocios de novos sectores de actividade

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda reactiva a campaña de promoción do comercio, a hostalería e os servizos locais #QuedaEnNeda con novidades. Así, trala boa acollida entre os negocios nedenses e a demanda planteada dende outros sectores, o Concello decidía abrir o proxecto a novas ramas de actividade e tamén estendela a aqueles establecementos que, por diversas circunstancias, non participaron na primeira fase.

Deste xeito, o Concello pon as redes sociais municipais a disposición de profesionais autónomos e negocios interesados en promocionar os seus servicios e produtos. Tan só tedes que contactar co Concello enviando un whatsapp ao número 659 27 87 60 sinalando nome da empresa, ou un correo a nedaconcellocomunicacion@gmail.com. O Concello poñerase entón en contacto para recabar a información e darlle difusión nas redes.

Así, #QuedaEnNeda amplíase a profesionais da fontanería, carpintería, electricidade, pintores, xardinería, empresas de compra-venda de madeira, sector das festas e verbenas, da formación, da cultura… a todo aquel autónomo ou empresario interesado en promocionar a través das redes os seus servizos.

Ademais, o Concello de Neda tamén quere, a través de #QuedaEnNeda, contribuír á difusión de novos servizos, produtos, promocións ou accións que ofreza o comercio, a hostalería ou os servizos locais, destinatarios da primeira fase da campaña, e por iso, a través das citadas canles -whatsapp e correo- anímaos a contactar e aproveitarse das redes sociais municipais para dalos a coñecer.

Esta iniciativa ampliarase nos próximos meses con novas accións promocionais de apoio ao sector das que o Concello irá informando.

Share.

Comments are closed.