O ciclo de cine nocturno “Cinema visións” que promove o Concello de Neda co apoio da Deputación provincial arrancará o vindeiro xoves 8 de xullo no paseo marítimo de Xuvia. A partir das 22,30 horas, as inmediacións do Albergue municipal converteranse nunha sala de cine para acoller o pase de “Maléfica: maestra del mal”, un filme dirixido a todos os públicos. A participación é gratuíta, pero é preciso reservar praza chamando ao 981 39 02 33 a partir do próximo luns, 5 de xullo (o luns, de 9 a 13 horas e de 16 a 20 horas, e martes, mércores e xoves de 9 a 14,30 h).
Así mesmo, o ciclo continuará o xoves 22 de xullo ás 22,30 h na Cruz do Pouso con “Ons”; o 5 de agosto ás 22 h co filme de animación “Espías con disfraz”, e o 19 de agosto ás 22 h na rúa Real con “A illa das mentiras”.