O CEIP San Isidro busca a implicación dos peregrinos no seu proxecto Neda no Camiño

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O CEIP San Isidro busca a implicación dos peregrinos e peregrinas no seu proxecto educativo Neda no Camiño. Con ese obxectivo, acudía a un dos puntos de paso obligado no municipio na ruta a Compostela: o Albergue, o primeiro do Camiño Inglés, para colocar material informativo sobre a iniciativa e convidar a peregrinos e peregrinas, en castelán, galego e inglés, para que lles envíen un vídeo ou correo contándolles a súa experiencia, motivacións ou devir da súa peregrinación. Imaxes e textos que deberán enviar ao whatsapp 626832622 ou email do centro ceip.sanisidro@edu.xunta.gal.

Deste xeito, os docentes do CEIP San Isidro queren trasladar ao seu alumnado as vivencias dos propios peregrinos e peregrinas. Unhas testemuñas en primeira persoa que incluirán no proxecto Neda no Camiño, co que buscan que nenos e nenas aprendan mates, educación física, lingua, inglés… a través da ruta xacobea.

O proxecto, vixente no presente curso escolar, nacía do impulso dos seus docentes no marco da Formación Permanente do Profesorado na que participan. Un proxecto e unha formación que teñen por obxectivo último integrar de novo a Biblioteca escolar no Plan de Melloras de Bibliotecas Escolares da Xunta (PLAMBE), na procura de centros de lectura activos nos que alumnado e profesorado poidan avanzar nos seus obxectivos e ampliar a calidade dos procesos de aprendizaxe ou de ensinanza.

Share.

Comments are closed.