Neda celebrará o próximo xoves 6 de abril a segunda edición do seu Torneo de Primavera de Fútbol 8. Novamente, estará organizado polo Concello coa colaboración do clube local, a SDR Neda, e disputarase no campo municipal Juanito González durante toda a xornada festiva. Unha magnífica ocasión para desfrutar do mellor fútbol coas categorías de base.
Sete clubes da zona participarán na competición nas categorías prebenxamín e benxamín. Ademais dos equipos locais, serán o Freixo, Galicia de Caranza, Irmandiños, Miño, Ortigueira e O Val. Os partidos da primeira fase arrancarán ás 11:00 horas, e disputaranse simultaneamente en dous campos. Ata as 15:00 horas, cando se estima conclúan todos os encontros. Retomaranse sobre as 16:00 horas, e media hora máis tarde, celebrarase a semifinais de benxamíns, e ás 17:00 h, a de benxamíns. Ás 17:35 e 18:05 h están previstas as finais de benxamíns e prebenxamíns, respectivamente.
Concluíndo a xornada, ás 18:45 horas, procederase á entrega de trofeos, presidida polo alcalde, Ángel Alvariño.