Mércores, Febreiro 1

O artista Iago Eireos ofrecerá este sábado en Neda o obradoiro “Autorretrato e introspección”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

No marco da exposición Arte Ambulante de A Colectiva, o artista Iago Eireos ofrecerá este sábado un obradoiro baixo o título “Autorretrato e introspección”. Celebrarase na Casa das Palmeiras en horario de tarde -de 16:30 a 19:30 h-. A participación é gratuíta, con inscrición previa na Casa da Cultura ata o venres -ou completar plazas- de 9 a 13 e de 16 a 20 h.

Este obradoiro está dirixido a persoas maiores de 16 anos, en especial a quen queira reflexionar en conxunto sobre os conceptos de identidade, auto exploración e introspección. En base a isto, poderase desenvolver de maneira guiada un proxecto de creación artística sobre as formas de auto representación dende o retrato, que nace dende a mirada persoal e a memoria. O principal foco do taller será a imaxe bidimensional, por medio de propostas que inclúan debuxo, pintura, fotografía, colaxe… Cada participante, que deberá levar un retrato impreso, traballará o medio que mellor se adapte ás súas habilidades e ás súas necesidades e capacidades expresivas.

 

Share.

Comments are closed.