Mércores, Decembro 4

O alcalde dá a coñecer ás delegacións de competencias nun goberno no que asumirá directamente Facenda e Servizos Sociais

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O alcalde de Neda, Ángel Alvariño, daba a coñecer esta mañá a nova estrutura do goberno municipal trala publicación no Boletín Oficial da Provincia do anuncio do nomeamento de tenentes de alcalde e delegacións de competencias. Así, Ángel García Cordero -Gelucho- encargarase da Concellería de Obras, Seguridade Cidadá e Terceira Idade. Ángeles Puentes Maceiras -Gelis- responsabilizarase de Educación, Deportes e Igualdade. José Sanmartín Fornos poñerase ao fronte de Servizos, Sanidade e Medio Rural. María Ángeles Bello Salazar -Marián-, para a que será a súa primeira lexislatura como concelleira, dirixirá as áreas de Cultura e Turismo, e Javier Novo Rodríguez, que ao igual que a anterior se incorpora neste mandato á corporación, encargarase de Urbanismo, Medio Ambiente e Xuventude. Así mesmo, o alcalde exercerá directamente as competencias en materia de Facenda e Servizos Sociais.

En relación ás tenencias de alcaldía, Ángel García foi designado 1º tenente de alcalde; Ángeles Puentes, 2ª tenente de alcalde, e José Sanmartín, 3º tenente de alcalde.

Share.

Comments are closed.