O Albergue de Neda reabre as súas portas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Neda, 15 de xuño do 2021. O Albergue de Peregrinos de Neda, o primeiro do Camiño Inglés, reabría as súas portas este martes 15 de xuño. Como o pasado ano, facíao limitando as súas prazas a 9 -fronte ás 28 da súa capacidade- e coa necesaria reserva online, a través da páxina:
https://alberguesxacobeo.gal/albergues/albergue-de-peregrinos-de-neda/
A reserva poderá realizarse ata as 13 horas -a partir desa hora, será para o día seguinte-. Así mesmo, só se permitirá reservar como máximo 5 liteiras, e os grupos de máis de 5 persoas e as persoas con mobilidade reducida deberán enviar un mail,
a reservas@alberguesxacobeo.gal A estancia nas instalacións, de titularidade autonómica e xestionadas polo Concello,
será dunha noite e nelas aplícanse os protocolos establecidos polas autoridades sanitarias de prevención fronte ao coronavirus, no marco do programa CamiñoSeguro.
Así mesmo, o uso do albergue ou de calquera dos seus servizos e instalacións implicará o pago de 8 euros por persoa e día, que se xustificará co bono que será entregado polo responsable do albergue no momento do pago

Share.

Comments are closed.